Páginas

jueves, 22 de octubre de 2009

Multiplicación das bacterias

As bacterias divídense por "fisión binaria", o que quere dicer que primeiro o seu corpo crece coma se fose un globo que se hincha. Imaxinemos un destes globos alongados, se lle metemos máis aire alónganse máis ainda. O chegar un límite a bacteria fai un anillo no medio que pouco a pouco vai estreitándose e o final divíde a bacteria, digamos nai, en dúas bacterias fillas. A sua vez as bacterias fillas divídense en dous, tengo así 4 bacterias netas, se éstas divídense outra vez entón temos 8 bisnetas, que si se dividen outra vez teremos 16 tataranetas... e así ate o infinito. Boeno, ate o infinito non por que unha vez que se acaba o alimento o mesmo o espazo entón deixan de dividirse e de crecer. Pero, fixádevos nunha cousa: as bacterias crecen, divídense pero non morren. Esto e, non deixan cadáveres como pasa cos animais, as persoas e as prantas. As bacterias só morren cando por exemplo estoupan por que é o que pasa cando morren pola acción do antibiótico penicilina.

Hai bacterias que son unhas máquinas de dividirse como por exemplo a que vedes no video: Escherichia coli, que é unha bacteria que vive nos nosos intestinos. Cada vez que facemos caca, esa bacteria sae do noso corpo polo que ten que dividirse rápido para voltar a colonizar todo o intestino e crecer sobre o alimento novo que vai chegando. Escherichia coli é tan rápida dividíndose que pode facelo cada 20 minutos, esto quere decir que temos unha nai, duas fillas e catro netas en unha hora. A ese ritmo de división, por exemplo, se deixásemos crecer a esta bacteria en espacio e con comida ilimitada en dous días teríamos unha masa de bacterias tan grande e pesada como o planeta terra.

Todos os seres vivos somos máquinas de proliferar. Se nos deixan as nosas poboacións crecerían ate o infinito. Pero todos sabemos que non é así. Sempre hai unha limitación de espazo e de recursos. Tamén están os depredadores que viven as nosas costas. Hai depredadores por que as poboacións teñen máis capacidade para crecer en número que as perdas que se producen pola depredación. Por que se os depredadores fosen máis rápido comendo as suas presas que éstas dividíndose e crecendo entón acabarían coas presas que se extinguirían. Esto non pasa como podemos ver coas bacterias. Elas crecen moi rápido. As bacterias foron os primeiros seres vivos en habitar o planeta e aínda están connosco. Se hai unha guerra nuclear ou un meteorito bate coa terra a humanidade desaparecerá pero estade seguros que as bacterias seguirán vivendo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Cada vez que lees un artículo y no dejas un comentario, alguien mata a un gatito en alguna parte del mundo...