Páginas

lunes, 9 de abril de 2012

Monstruos moi civilizados


Lord Amherst, en un cadro de 1758, pintado por Joseph Blackburn.

Na súa loita contra os pobos indíxenas americanos, os ingleses empregaron mantas contaminadas con varíola. Ditas mantas foron un “presente” para as tribos dos shawnee, dos delaware y dos mingo. Lord Amherst, nunha carta dirixida ó coronel Bouquet, que era o comandante das forzas inglesas en Pensilvania, dicíalle: “Non haberá unha maneira de infectar as tribos revoltosas con varíola?” Bouquet respondeulle: “Procurarei inocularlles a enfermidade con mantas que lles chegarán por casualidade… Tomarei precaucións para non contaxiarme” Bouquet ordenou o capitán Ecuyer que citara ós xefes indios da tribo delaware no forte Pitt. Alí, o 24 de xuño, os indios como “símbolo do noso aprecio” recibiron as mantas infectadas de varíola. A mortandade extendeuse por todo o val do río Ohio. Para máis información podedes consultar esta páxina en inglés n
esta dirección.

Non era a primeira vez que os humanos empregábamos a guerra biolóxica para desfacernos de outros humanos. Pero que eu saiba este caso é único porque é o primeiro caso do que conservamos a correspondencia dos protagonistas do crime. Arrepía a sinceridade da frase “símbolo do noso aprecio” porque realmente lles estaban dando algo que simbolizaba o que os civilizados europeos sentían por aqueles indíxenas de costumes no seu parecer atrasadas e salvaxes. Neste crime se dan as dúas condicións para a guerra biolóxica: querer exterminar a quen consideras desprezable e ter unha enfermidade que de algún xeito podas controlar para non infectarte ti mesmo. Os ingleses daquela xa sabían que unha vez en contacto coa varíola xa non te contaxiabas, tamén sabían que a poboación dos indios non tiñan defensas fronte a estas enfermidades europeas. Desprezándoos e tendo unha solución “técnica” só había un paso para levala a práctica. Ese paso é o que divide a banda do ben da banda do mal. Co seu “símbolo do noso aprecio” eses homes que se consideraban a si mesmos civilizados se converteron en monstros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Cada vez que lees un artículo y no dejas un comentario, alguien mata a un gatito en alguna parte del mundo...