Páginas

domingo, 29 de abril de 2012

¡Qué bacterias máis salgadas!


Que bacterias máis salgadas!
Bacterias sobre as pedras salinas de Atacama
As bacterias crecen enriba das rochas salinas do deserto de Atacama (Chile).
Os humanos somos unha especie colonizadora. Procuramos chairas máis verdes, caza máis abundante e mellores condicións de vida más aló dos límites coñecidos. Esa foi a motivación que levou os primeiros homes a alonxarse de África e colonizar novos continentes e a adaptarse a novos climas, faunas e floras. É a historia da humanidade. As nosas fronteiras son agora os planetas dos sistema solar. Marte é sin duda o reto para os próximos decenios. Como planeta é o máis parecido á Terra ainda que non tan acolledor: carece de atmósfera que o protexa dos rayos UVA e os rayos cósmicos; coma está máis alonxado do Sol fai máis frío e os panéis solares renderían menos enerxía que na Terra; ademáis a auga é escasa. Quen podería viver alí? Os científicos sospeitan que as bacterias. Bacterias marcianas, eso si. Terán o mesmo ADN, os mesmos compoñentes celulares cas da Terra?. Victor Parro, investigador do Centro de Astrobioloxía de Madrid acaba de publicar un artigo no que descubre unhas bacterias procedentes do deserto de Atacama en Chile, o máis extremo e seco da Terra, que viven a dous metros baixo terra, sen osixeno e sobre pedras de sal. O sal é altamente higroscópica, e dicer, que ten moita capacidade para captar a auga que existe no ar. Lembrade as bolsiñas de gel salino que veñen nas caixas dos aparatos electrónicos. Os fabricantes as colocan para protexer os aparatos da humidade do ambente. Ademáis o sal cando se mezcla con auga é un anticonxelante fantástico. Non se bota sal en inverno as estradas para evitar o xeo?. As bacterias de Atacama aproveitanse destas duas cualidades do sal: o empregan como anticonxelante e para captar auga, porque viven nun deserto onde non chove nunca, recibe menos de 1mm de auga o ano procedente do escaso orballo. A dous metros baixo terra estas bacterias viven sobre pedras de sal que capturan esa exigua humidade. A mezcla de auga co sal impide que as bacterias se conxelen nos fríos invernos. As investigacións que se levan a cabo nas comunidades bacterianas do deserto de Atacama continúan botando luz sobre as condicións de vida en Marte. Os humanos aprenderemos das bacterias cómo sobreviver e desenvolver a vida no noso próximo destino a explorar como especie. Un destino non tan lonxano.
Parro et al. “A microbial oasis in the hypersaline Atacama subsurface discovered by a life detector chip: implications for the search for life on Mars”. Astrobiology 11(10): 969-96, December 2011. Doi: 10.1089/ast.2011.0654.
Applied and Environmental Microbiology, 2009. DOI: 10.1128/AEM.01469-08
Geology, 2009. DOI: 10.1130/G25180A.1

As veas grises son colonias de bacterias crecendo nas rochas salinas
As veas grises son colonias de bacterias que crecen enmedio das rochas salinas do deserto, algunhas a dous metros baixo terra. Unhas condicións moi similares poderían atoparse en Marte.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Cada vez que lees un artículo y no dejas un comentario, alguien mata a un gatito en alguna parte del mundo...