Páginas

martes, 12 de febrero de 2013

Organizamos un carnaval científico en la Costa da Morte

En esta página de Facebook podéis ver el reportaje fotográfico sobre el Carnaval Científico que celebramos en Lira, en plena Costa da Morte, enfrente a Finisterre


Por la mañana en la excavación del sitio arqueológico de la "Torre dos Mouros"



Ya después de comer en el puerto de Lira (Carnota)









Eles non éramos nos (en galego)

Non era Roma, nin as lexións, nin o imperio. Era o pobo, neste caso o pobo de Lira. O pobo de Lira que representaba o seu aquel defendéndose do desembarco romano. Pero non chegaron as lexións romanas por terra? Si, pero na imaxinación desta xente estaba Catoira e o desembarco vikingo. O alleo sempre chegaba nestas terras por mar.
Na xornada do Punto Científico pola mañán estivemos na Torre dos Mouros, un recinto amurallado tardomedieval, e dicer, moi metido no máis escuro da idade media.
Os lirotas celebraban a resistencia do pobo nunha Torre dos Mouros imaxinaria levantada “ad hoc” no Portocubelo. Os galos Asterix e Obelix coma representación festiva dos galegos antigos. Non hai que esquecer que Galicia, Gallaecia significa en latín Galia pequena. O dos galos está ben traído porque aínda que Xurxo Ayán e Manuel Gago digan que o recinto é tardomedieval, quen hai que sexa tardomedieval que nos coñezamos? Algún persoeiro? Non? Pois entón Asterix e Obelix. Asterix e Obelix contra os romanos e nos alí no medio, aínda máis estranos que as propias lexions de Roma. Pero... Qué carallo facíamos alí?. Cómo convencelos de que nos tamén eramos eles? De esta pregunta trátase toda a divulgación científica, non si?.
Os únicos lirotas que non marcharon en masa foron os que tiñan fillos e quedaron alí mentras os nenos debuxaban no taller de Luísa Martínez. Un dos galos decidiu no último momento afogar ós traidores do pobo que xa facía rato que fuxira e de paso ós científicos visitantes queimando un menhir que levantou unha nube de fume tóxico negro. O bo traballo de Manuel Vicente, Borja Tosar e Pío González impediu que aqueles valentes marcharan.
Eu lamenteime de non ter sido quen de asustalos cos xermes resistentes ou historias de bioterrorismo para decirlles: “Vedes? Nos tamén somos vos e temos as armas que vos van a manter afastados dos perigos que tamén virán de alen” pero non, no momento non achei a fórmula pero tranquilos que estou aprendendo. A próxima vez levarei un espray e direilles que vai nel unha mostra de bacterias resistentes os antibióticos e lles ensinarei un frasco co o único antibiótico que vailles curar (que serán lóxicamente lacasitos).

Eu aprendín varias cousas no Punto Científico de Lira:

1.- O autoodio que se manifestou no Asterix que ademáis levaba tetas; a Liracha que falou totalmente Belén Estebanizada; a queima do menhir tóxico; o alcalde timorato de Carnota que andaba por alí pero non dixo nin mu e por último o concepto de mesa que manexan en Carnota.
2.- A identidade tan forte dos lirotas como reacción a todo o que ven de fora. Podedes escoitar no vídeo a versión lirota de Gangnan style que di: “Isto todo é noso”.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Cada vez que lees un artículo y no dejas un comentario, alguien mata a un gatito en alguna parte del mundo...