Páginas

miércoles, 17 de mayo de 2023

Circo de bacterias

 O dezasete de maio do 1863, publicouse en Vigo a primeira edición de "Cantares gallegos", de Rosalía de Castro. Esta data marcaría o inicio do rexurdimento cultural galego.


O primeiro programa de radio en galego foi emitido na BBC de Londres en 1947. Sen embargo, a radio xa comenzara o quince de xaneiro de 1933 en Santiago de Compostela. Daquela había un programa de entretenimento "Vaites vaites" na que Xosé Mosquera Pérez, co seu personaxe "O Vello dos Contos" convirtírase en un personaxe ben popular. O meu avó, António Fernández, tiña unha talla de madeira do Vello dos Contos. Agora seu neto ten unha pequena sección na Radio Pública Galega que de cando en vez fala de microbioloxía na nosa lingua.
O Vello dos Contos. Fonte

O galego estivo prohibido dende os Reis Católicos ate o fin da dictadura do Xeneral Franco. Seino porque o vivín. Lembro as primeiras pegatinas conmemorando o 17 de maio e o fermoso que era ver o noso idioma nos libros por primeira vez, na radio, na televisión.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Cada vez que lees un artículo y no dejas un comentario, alguien mata a un gatito en alguna parte del mundo...