Entrada publicada en gallego
Bacterias
resistentes poñen de actualidade a hixiene
Hoxe, dende
Actuaciencia, rescatamos unha historia fascinante que transcurre no
século XIX. Unha historia que volve do pasado para ensinarnos o que
temos que facer no século XXI. Falamos moitas veces do perigo das
bacterias resistentes os antibióticos. Un problema que non había
fai trinta anos e que agora s
e
estima que vai matar 10 millón de persoas cada ano, máis ou
menos, arredor do 2050. Non imos resolver o problema con novos
antibióticos porque, por moi bos que sexan, finalmente aparecerán
algunha bacterias con mutacións é o novo antibiótico non poderá
facer nada contra ellas. A máis de novos antibióticos necesitamos
frear que as novas bacterias mutantes se espallen polo mundo. A única
forma de impedilo é mediante a hixiene. A historia de hoxe trata
sobre dous precursores da hixiene: o húngaro
Semmelweis
e o ecuatoriano
Eugenio
Espejo.
Ferdinand Celine
fascinado coa vida de Semmelweis
Semmelweis está
considerado o pai da hixiene hospitalaria. A sua achega foi
descubrir en 1847 que se os médicos lavaban as mans con
desinfectantes a tasa de mortalidade das parturientas baixaba.
Naquela época ate 35 de cada 100 mulleres que daban a luz no
hospital de Viena, onde traballaba Semmelweis morrían por infeccións
no parto. Eran, a meirande parte, mulleres pobres, nais solteiras sen
recursos. O lavaren as mans os médicos só morrían por infección
unha de cada 200 mulleres que acudían o hospital para o parto.
Semmelweis decatouse que cando había moita mortalidade coincidía
cando os alumnos do hospital visitaban a morgue para facer as súas
prácticas de anatomía con cadáveres antes de atender as
parturientas.
Ferdinand Celine, un
dos mellores escritores en lingua francesa, cando rematou os seus
estudos de medicina tivo que presentar un traballo fin de carreira e
escolleu escribir un libro sobre a vida de Semmelweis. Un libro
escrito por un estudante que hoxe en día é unha obra maestra de
divulgación científica, non só polo rigor e pola calidade
literaria senon porque Ferdinand Celine viu na historia de Semmelweis
un problema eterno, un problema que, moitas veces, os divulgadores
científicos non somos quen de tratar: que a ciencia, coma todas as
actividades humanas, está chea tamén de intereses e miserias.
O ben se paga
moito máis caro que o mal
Recomendo
encarecidamente os nosos lectores a novela Semmelweis de Ferdinand
Celine. Hai un párrafo moi fermoso que di: “Nada se da
de balde neste baixo mundo. Todo se expía, o ben, como o mal, máis
cedo o máis tarde se paga. O ben, forzosamente, resulta moito máis
caro”.
O leer este párrafo
daste conta, se leiches antes as duas obras maestras de Celine “Morte
a crédito” e “Viaxe o fin da noite” que é o que lle interesou
a Celine da vida de Semmelweis. Semmelweis tivo que enfrentarse en
solitario cos grandes xefes da obstetricia de Europa no seu tempo.
Esta batalla foi dura e non lle pagou a pena. Morreu, agotado e
louco, afastado da medicina polos seus enemigos os 47 anos de idade.
O seu principal enemigo foi o quen fora o seu xefe. Un home mediocre
que cando notou que a mortalidade baixaba no seu pavillón de
parturientas debido a medida introducida por Semmelweis de lavar as
mans con desinfectante, algo que agora é unha práctica obligada en
tódolos hospitáis do mundo, fíxolle a vida imposible.
Control negativo
en humanos: cando Semmelweis doulle unha patada a ética
Celine, como o
escritor honesto que é, non dubida en mostrarnos cómo Semmelweis
pode chegar a facer un experimento pouco ético para prova-la sua
teoría. Por que sempre é pouco ético xogar con vidas humanas en
medicina. É por iso que a obra de Celine é un fantástico exemplo
de divulgación científica. Unha divulgación que fuxe dos
estereotipos, de mostrar os científicos como santos da modernidade.
Celine dase conta de que Semmelweis non tiña aptitudes nen vocación
de científico. Na páxina 101 di: “non pusuía tampouco ese afán
pola verdade pura, que anima os investigadores científicos”. Sen
embargo, Semmelweis, pese a que xa intuía que eran as mans sucias
dos alumnos de medicina que viñan de diseccionar mortos na morge, o
que facía que as parturientas morreran de infección, tiña que
demostrar dalgún xeito a validez desa intuición.
|
Hospital General de Viena donde trabajaba Ignacio Felipe de Semmelweis |
Naquel tempo, en
Viena, no hospital da cidade, había dous pavillóns de maternidade.
Nun, dirixido por Klint, o archienemigo de Semmelweis, morrían
moitísimas mulleres. Noutro pavillón, dirixido por Bartch, morrían
moitísimas menos. A diferencia era que no pavillón de Klint había
estudantes de medicina, e os estudantes tiñan anatomía e
diseccionaban mortos. No pavillón de Bartch só se formaba
comadronas, e as comadronas non tocaban nin diseccionaban mortos.
Semmelweis entrou a traballar no pavillón de Bartch e a petición
súa os alumnos de medicina de Klint pasan a o pavillón de Bartcha a
cambio das comadronas. Cando este cambio se produce aumenta a
mortalidade un 18%. Isto en ciencia é facer un control negativo.
Algo que hoxe en día pódese facer con animáis de experimentación
pero que esta prohibidísimo facelo con humanos. Por iso todos os
proxectos teñen que pasar por un comité de ética para ser
aprobados. En 1847 nin se sabía o que era unha bacteria, nin por
suposto había comités de ética.
|
La primera clínica era donde trabajaba y dirigía Klint con sus estudiantes de medicina. La segunda clínica era donde trabajaba Bartch con sus comadronas que no diseccionaban cadáveres |
Agora había que
facer o control positivo, que consistiu en obligar os alumnos de
medicina que agora traballaban con Bartch a lavalas mans antes de
tocar as parturientas con cloruro cálcico. Cando o fixeron a
mortalidade baixou un 12%. Quedaba así demostrado que eran as mans
sucias as que mataban as mulleres. Nese momento Semmelweis obrigou
que todo o personal sanitario, houberan ou non diseccionado cadáveres
nos días anteriores a lavalas mans con cloruro cálcico. Dese xeito
a mortalidade que en algúns meses alcanzara ate o 40% das
mulleres do hospital baixou ate o 0.23%.
|
Portada de la carta abierta de Semmelwais a los obstetras publicada en 1862 |
Semmelweis comunicou
os seus resultados as mellores sociedades científicas da época pero
tivo moi pouca resposta. A meirande parte dos grandes obstetras da
época consideraron irrelevantes as suas conclusións. Semmelweis
publica entón a sua carta aberta os obstetras, un documento
desesperado e pouco diplomático para chamar a atención sobre as
mortes de parturientas por infección, o que se chamaba febre
puerperal. Nesa carta pódese atopar párrafos incendiarios coma:
“¡Asasinos! Chamo eu a tódolos que se opoñen as normas que
prescribín para evitala febre puerperal”. Como é de supoñer,
esta carta non fixo ningunha gracia as eminencias da época e pronto
Semmelweis tivo que sufrir o desprezo da comunidade médica da época.
Por si fora pouco a sua saude mental foise deteriorando polo estrés
e polo bullying o que foi sometido. Semmelweis pegaba nos paredes de
Viena manifestos nos que se podía leer: “Pai de familia, ¿Sabes o
que significa chamar a cabeceira da cama da tua muller parturienta a
un médico ou a unha comadrona? Representa que de forma voluntaria a
fas correr resgos mortáis, tan fácilmente evitables con los métodos
etc, etc...”. O internan os 47 anos nunha institución para
enfermos mentáis e morre polas feridas producidas dunha paliza que
lle propinan os gardas. Como decía Ferdinand Celine “Nada
se da de balde neste baixo mundo. Todo se expía, o ben, como o mal,
máis cedo o máis tarde se paga. O ben, forzosamente, resulta moito
máis caro”
Eugenio Espejo:
un precursor de Semmelweis no Ecuador
Eugenio
Espejo (Quito, 1747-1795) foi un médico, escritor, político e
un dos responsables da independencia do Ecuador fronte a coroa
española. Seu pai foi indíxena e a sua nai de ascendencia
vasconavarra. É moi salientable que un mestizo fillo de indíxena,
nese tempo, poidese estudar e acadar o título de doctor en medicina.
Costa pensar algo semellante nos EEUU daquela época. Na sua obra
“
Reflexions
acerca de un método para preservar os povos de viruelas”,
publicada en 1785, sesenta e dous anos antes que o traballo de
Semmelweis, Espejo propuso que a orixen das enfermidades infecciosas
se debe, non a maldicións divinas, senón a causas biolóxicas e que
para evitar a sua dispersión débense implementar medidas
hixiénicas. De feito, recomendou as autoridades da colonia a
creación dunha policía hixiénica que velase polo cumprimento das
normas elementais da hixiene, que non son outras que a creación de
barreiras para evitar o espallamento dos virus e das bacterias
patóxenas.
É moi curioso que
Eugenio Espejo, o mesmo que Semmelweis foron dous adiantados a sua
época e os dous morreron xóvenes, incomprendidos e maltratados.
No caso de Espejo, enfermo mortalmente no cárcere e morreu con 42 anos. Nos soamente é un pioneiro da
teoría microbiana da enfermidade senón que foi un dos pais da independencia do Ecuador. Parece certa a observación de Celine cando di: “
Todo se expía,
o ben, como o mal, máis cedo o máis tarde se paga. O ben,
forzosamente, resulta moito máis caro”. Xa
pasado o tempo non nos queda máis que darlle o nome destes pioneiros
a prazas, hospitais, colexios. É tanto o que lles debemos. Mágoa
que tiveran eles que pagar en vida para que nos poidamos disfrutar
dos seus descubrimentos. Agora que temos que voltar a empregar
medidas hixiénicas nos hospitáis para loitar contra as bacterias
resistentes oxalá podamos lembrar e aprender das ensinanzas destes
dous xigantes.
Semmelweis.
Louis-Ferdinand Céline - el libro de bolsillo, alianza editorial