Charlas

Pecha Kucha en el café de Macondo, 13 de Junio 2014 A Coruña


------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------



Los puntos científicos son actividades de ciencia en la calle de dos horas de duración en donde científicos pertenecientes a la AGC CCT realizan actuaciones de 10 minutos. La primera que realizamos la hicimos en Ourense en el 2011 durante los carnavales, de ahí que muchos de nosotros fuésemos disfrazados.






------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Charla en el CEIP Zalaeta, 19/5/2010. Nando Lestón y Esteban Fernández representan el cuento "Las semillas mágicas". Los niños participaron y parecía que se lo pasaron bien. De doce chavales a los que les pregunté si les había gustado, doce me dijeron que no. Lo que se dice una "learning experience" para mi, Nando se lo pasó igualmente bien, pero es que Nando es de Carnota y viene con la autoestima alta de serie.


-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Mesa redonda celebrada en la Escuela Superior de Arte Dramático de Galicia. Asistentes Arantxa Villar; Pío González; Vicente de Souza; Xurxo Mariño y Manuel Vicente entre otros

-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Esteban disfrazado de bacteria en el Punto Científico de Lira (Carnota) febrero 2013

------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------





Teatro, música, vídeos... e moita, moita divulgación científica


A Coruña, 15 de febreiro de 2013.- No marco do festival de curtametraxes “Por amor á arte”, a Asociación Galega de Comunicación de Cultura Científica e Tecnolóxica (AGCCCT) –agrupación sen ánimo de lucro constituída en abril de 2011- organiza un Punto Científico, un novo formato de divulgación científica que combina mini-charlas e obradoiros con outros formatos como o teatro, a música e o audiovisual.


Despois do éxito de anteriores edicións do Punto científico en Ourense e Carnota, nesta ocasión o espazo escollido para albergar o evento é a Domus (Ángel Rebollo, 91, A Coruña), onde familias e público xeral poderán gozar dun espectáculo singular.

O programa, no que participan fundamentalmente socios da asociación, incluirá teatro científico, música en directo, proxección de vídeos de animación 3D e mini-pílulas divulgativas, co obxectivo de achegar o coñecemento científico e tecnolóxico á poboación en xeral dun xeito lúdico. A entrada é de balde ata completar aforo. A duración do evento é de aproximadamente dúas horas, non entanto, o público poderá entrar e saír libremente en función dos seus intereses.


Unha opción entretida e educativa para pasar a tarde do venres
Que mellor opción para pasar a tarde do venres que disfrutando dun espectáculo de teatro, música, audiovisual e todo iso aderezado por unha alta dose de divulgación científica? Pois o programa deste Punto Científico inclúe todo iso. Luisa Martínez, científica mariña e responsable da Unidade de Cultura Científica do CSIC en Galicia, interpretará a peza de teatro científico “Que traballo tan curioso?” e Esteban Fernández, microbiólogo e promotor do proxecto Actuaciencia (teatro, radio, blog, etc.), a obra “Todo por unha eñe”.

Os científicos Luís Navarro, profesor de Bioloxía vexetal e Ciencias do Solo da Universidade de Vigo, e Ernesto Carmena, animador de imaxe e divulgador, proxectarán os documentais de animación en 3D: “Estratexias adaptativas: Alarma contra ladróns” e “A importancia dos lagartos nos ecosistemas insulares”, ambos dirixidos por Luís Navarro, e “O tikaalik, un pez fósil en movemento” de Ernesto Carmena, animador de imaxe e divulgador.


No formato mini-pílula de divulgación participarán: o astrónomo Borja Tosar con “Postal planetaria”; o neurocientífico e profesor da UDC, Casto Rivadulla, Ata canto sabes contar?”; Elena Vázquez Abal, profesora de Matemáticas na Universidade de Santiago de Compostela, con “Onde está a Meca?”; Constantino Álvarez, catedrático de Física e Química no IES Rosalía de Castro (Santiago de Compostela) con “Reacción Sodio-Auga: ¿Pódese facer sen riscos?”; e, finalmente, “Microhistoria da Guerra Civil española: Catro relatos arqueolóxicos desde a fronte” por Xurxo Ayán, arqueólogo do CSIC.


Manuel Vicente, director do programa de radio “Efervesciencia” actuará como mestre de cerimonias. A música en directo correrá á cargo da Camerata Brigantina, que baixo a batuta de Florian Vlashi, da Orquestra Sinfónica de Galicia, amosará as curiosidades matemáticas que se esconden nalgunha das mais coñecidas obras da música clásica.


No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada

Cada vez que lees un artículo y no dejas un comentario, alguien mata a un gatito en alguna parte del mundo...