viernes, 23 de octubre de 2009
A estratexia da pastilla de xabón
E aquí temos a bacteria Streptococcus pneumoniae,e unha bacteria moi curiosa. Vive no nariz e na gorxa das persoas de forma natural sen causar problemas. Cando as nosas defensas baixan, por exemplo por unha molladura, pode colonizar os pulmóns e os oídos. Nos pulmóns as nosas defensas baséanse nos macrófagos: unhas células encargadas de papar todo o que sea alleo o noso corpo. No video vemos as bacterias coma puntiños negros. O macrófago tenta comelos pero non pode. O normal dun macrófago e que se coma sen problema todo o alleo que atopa, pero ¿por qué non pode comer a esta bacteria? pois porque a bacteria está recuberta dunha substancia que sería como para nos un xabón na ducha: algo moi resbaladizo. O macrófago tenta enganchala bacteria e devorala pero esta resbala e resbala. Deste xeito e como Streptococcus pneumoniae escapa resbalando literalmente das defensas humanas.Por certo, nesta bacteria foi na que eu fixen a miña tese de doutoramento.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Cada vez que lees un artículo y no dejas un comentario, alguien mata a un gatito en alguna parte del mundo...