domingo, 1 de noviembre de 2009

As proteínas con compoñentes das células


Nesta imaxen podemos ver unha proteína que neste caso e unha toxina de bacteria Clostridium perfringens. E un patóxeno que pode causar cangrena gaseosa, esto es, que se produce unha degradación no noso corpo por culpa da bacteria e se libera gas no noso interior. As proteínas con parte dos compoñentes dunha célula. Se forman por cadeas de pequenos elementos chamados aminoácidos. A información para formar estas cadeas de aminoácidos que forman as proteínas está contida nos xenes. As proteínas son as que fan funcionar a célula, poden ser máquinas e tamén compoñentes, como se fosen ladrillos para formar as estructuras da célula. Cada proteína e distinta e a información para producila está nos xenes. Se os xenes cambian por mutación, como veredes na obra, entón a proteína tamén cambia. Se o cambio e bo para a célula entón esta célula cada vez terá máis éxito, sen embargo se o cambio e para peor, a célula cada vez terá menos oportunidades de éxito.
Un pouco o que pasará cos galegos. Agora temos a oportunidade de decidir se queremos máis científicos e tecnólogos que nos den máis oportunidades de éxito no futuro, o polo contrario podemos invertir en coches oficiais, cidades da cultura... Dependendo do que elixamos teremos máis oportunidades de éxito ou menos o que significa que moitos de nos teremos que emigrar, polo de pronto parece que os que imos a emigrar somos os científicos. O que pasa que logo terán que vir detrás os demáis. Excepto claro está os bedeles funcionarios, eses han de quedar gardando portas de institucións baleiras.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Cada vez que lees un artículo y no dejas un comentario, alguien mata a un gatito en alguna parte del mundo...