martes, 12 de febrero de 2013

Organizamos un carnaval científico en la Costa da Morte

En esta página de Facebook podéis ver el reportaje fotográfico sobre el Carnaval Científico que celebramos en Lira, en plena Costa da Morte, enfrente a Finisterre


Por la mañana en la excavación del sitio arqueológico de la "Torre dos Mouros"



Ya después de comer en el puerto de Lira (Carnota)









Eles non éramos nos (en galego)

Non era Roma, nin as lexións, nin o imperio. Era o pobo, neste caso o pobo de Lira. O pobo de Lira que representaba o seu aquel defendéndose do desembarco romano. Pero non chegaron as lexións romanas por terra? Si, pero na imaxinación desta xente estaba Catoira e o desembarco vikingo. O alleo sempre chegaba nestas terras por mar.
Na xornada do Punto Científico pola mañán estivemos na Torre dos Mouros, un recinto amurallado tardomedieval, e dicer, moi metido no máis escuro da idade media.
Os lirotas celebraban a resistencia do pobo nunha Torre dos Mouros imaxinaria levantada “ad hoc” no Portocubelo. Os galos Asterix e Obelix coma representación festiva dos galegos antigos. Non hai que esquecer que Galicia, Gallaecia significa en latín Galia pequena. O dos galos está ben traído porque aínda que Xurxo Ayán e Manuel Gago digan que o recinto é tardomedieval, quen hai que sexa tardomedieval que nos coñezamos? Algún persoeiro? Non? Pois entón Asterix e Obelix. Asterix e Obelix contra os romanos e nos alí no medio, aínda máis estranos que as propias lexions de Roma. Pero... Qué carallo facíamos alí?. Cómo convencelos de que nos tamén eramos eles? De esta pregunta trátase toda a divulgación científica, non si?.
Os únicos lirotas que non marcharon en masa foron os que tiñan fillos e quedaron alí mentras os nenos debuxaban no taller de Luísa Martínez. Un dos galos decidiu no último momento afogar ós traidores do pobo que xa facía rato que fuxira e de paso ós científicos visitantes queimando un menhir que levantou unha nube de fume tóxico negro. O bo traballo de Manuel Vicente, Borja Tosar e Pío González impediu que aqueles valentes marcharan.
Eu lamenteime de non ter sido quen de asustalos cos xermes resistentes ou historias de bioterrorismo para decirlles: “Vedes? Nos tamén somos vos e temos as armas que vos van a manter afastados dos perigos que tamén virán de alen” pero non, no momento non achei a fórmula pero tranquilos que estou aprendendo. A próxima vez levarei un espray e direilles que vai nel unha mostra de bacterias resistentes os antibióticos e lles ensinarei un frasco co o único antibiótico que vailles curar (que serán lóxicamente lacasitos).

Eu aprendín varias cousas no Punto Científico de Lira:

1.- O autoodio que se manifestou no Asterix que ademáis levaba tetas; a Liracha que falou totalmente Belén Estebanizada; a queima do menhir tóxico; o alcalde timorato de Carnota que andaba por alí pero non dixo nin mu e por último o concepto de mesa que manexan en Carnota.
2.- A identidade tan forte dos lirotas como reacción a todo o que ven de fora. Podedes escoitar no vídeo a versión lirota de Gangnan style que di: “Isto todo é noso”.



lunes, 11 de febrero de 2013

Punto científico en Lira: Isto nunca se fixera


Divulgación científica: Lira acolleu o primeiro Entruido Científico da súa historia

  • Nunha especie de serendipia, o Punto Científico que organizou a impronunciable Asociación Galega de Comunicación de Cultura Científica e Tecnolóxica (AGC CCT) cadrou co desembarco romano do Entruido de Lira e produciuse o que se pode considerar Primeiro Entruido Científico da historia liracha
  • O astrónomo Borja Tosar con “Postal planetaria dende Marte”, o microbiólogo Esteban Fernández con “De camping coas bacterias”, o neurocientífico Casto Rivadulla con “Ata canto sabes contar?”, o químico Manuel Vicente con “O home apático”, a científica mariña Luisa Martínez con “Entroido Mariño” e o físico Pío González con “Biomateriais” misturáronse con Cleopatra e Julio César coas súas tropas, así como os resistentes locais, os da Torre dos Mouros, nunha tarde surrealista moi divertida e educativa
Media_httpfarm9static_jhdck
Cartel do Entruido de Lira deste ano
Lira, Carnota, Costa da Morte, 10 de febreiro de 2013. Van tardar tempo en esquecer os lirachos a tarde de onte, na que cadrou o seu primeiro Entruido Científico. O que sucedeu, inda que para moitos pasara desapercibido, é complicado de contar. Tanto que imos botar man de películas surrealistas patrias como "Amanece que no es poco" e do clásico dos irmáns Wachoski, "Matrix", aproveitando que un dos científicos que alí se achegaron ousou levar esta "chupa" pola mañá, na súa visita á Torre dos Mouros. Mais xa saben: "por desgraza non se pode explicar o que é Matrix, tes que velo cos teus propios ollos". O mesmo que o que alí, en Lira, aconteceu.
Media_httpfarm9static_szkfe
Esteban Fernández, microbiólogo, con Xurxo Ayán, arqueólogo, no outeiro da Torre dos Mouros
Pola mañá, na visita ao xacemento das incógnitas, a Torre dos Mouros, xa se viña falando: "Hai que ter coidado pola tarde, que o Punto Científico vai cadrar á mesma hora que o Entruido de Lira". Mais non se fixo demasiado caso: agardábase conxuntar todo sen problemas. A mítica frase de "Amanece que no es poco" ía camiño de ser unha profesía autocumprida: "Eu podería ser unha lenda, ou unha epopeia se nos xuntamos varios". E alí, na lonxa de Lira, se xuntaron.
Os resistentes galos e lirachos baixaban a defender o porto de Lira. As condicións etílicas foron máis preocupantes que as metereolóxicas
Chegaron antes os científicos que os entroideiros, e intentaron levar a voz cantante. Como en Matrix, posuído pola dúbida sobre se empezar ou non, ("É a pregunta a que nos da a forza, é a dúbida a que nos trouxo aquí"), o microbiólogo Esteban Martínez, disfrazado de oronda bacteria, aleccionou aos lirachos (aos que primeiro chamou lirenses e logo lirotas, ata que chegou o alcalde Moncho Canedo a aclararlle o xentilicio). Entre reverberacións do micrófono, Esteban Bacterio berrou: "Estamos na era postantibióticaaaaa". Estamos seguros de que máis dun liracho presente pensou, como en "Amanece que no es poco", "Me cagho no misterio!". 
Media_httpfarm9static_ocseg
Media_httpfarm9static_agvyg
Esteban Fernández, vestido de bacteria, difundindo a era postantibiótica
Mais tivo pouco éxito o chamado do microbiólogo disfrazado. Naqueles intres a dorna xeiteira que lle roubaron os romanos aos lirachos chegaba para facer o desembarco, coa fermosísima Cleopatra a bordo. Había algún galo que se pasara ao inimigo, porque axudou mesmo á lexión romana a botar o pé a terra.
Nestes intres do desembarco producíase o diálogo de "Amanece que no es poco":
.- E vostedes, que fan aquí?
.- Estamos invadindo o seu pobo...
Unha vez feito o desembarco, Cleopatra tivo que dirixir unhas verbas ao pobo, tranquilizándoos sobre a invasión e invitándoos ao goce das festas do Entruido liracho. A famosa exipcia, que se parecía moito a unha beleza local, ben puido dicir entón como Neo en Matrix:
"Sei que estades aí, percibo a vosa presencia. Sei que tedes medo. Temédesnos a nós. Temedes o cambio. Eu non coñezo o futuro. Non vin para dicirvos como vai acabar todo isto... ao contrario". Mais o futuro inmediato estaba escrito: tocaba a queima do Meco:
Logo dunha pequena charla do Obélix travestido á cidadanía, comezou o espectáculo científico. Por fin Esteban Fernández despregou a súa tenda-célula e puido explicar á concorrencia por que as bacterias podían ser eliminadas cos antibióticos pero os virus non. Axudado polo actor Vicente de Souza, que lle termou do micro inarámico que se entrecortaba, o microbiólogo amosou de xeito moi gráfico como funcionan os medicamentos no noso corpo.
"De camping coas bacterias", titulouse a charla divulgativa de Esteban Fernández
Tralo esforzo para facerse entender, o Profesor Bacterio deu paso a Casto Rivadulla, neurocientífico da Universidade da Coruña, que se puxo a explicar o cerebro dos matemáticos cunha réplica de plástico na man. Polo visto, de tanto traballar con números, os matemáticos engrosan a parte do seu cerebro na que se localiza esta función. Como en "Amanece que no es poco", algún dos presentes pensamos que a nós "tamén nos gustaría ser intelectuais, total, como non temos nada que perder...".  
Media_httpfarm9static_zbwgm
Casto Rivadulla engaiolou ao mismísimo César coas súas explicacións sobre o cerebro
Namentres Vicente de Souza facía de mestre de cerimonias cos outros científicos, ás caladiñas, a científica mariña Luisa Martínez xa montara o seu tenderete titulado "Entroido mariño" no que lles ía explicando aos nenos os habitantes do mar e os invitaba a identificalos e colorealos nuns debuxos a tal efecto. Este obradoiro sempre é un éxito entre os máis pequenos. Tanto, que un dos nenos disfrazados de romano lle dixo a Luisa: "A ver se vides para o ano, que estas actividades non se fan por aquí".
Media_httpfarm9static_relyd
Luisa Martínez veu dende Vigo para facer o obradoiro "Entroido Mariño"
Logo tocoulle o turno ao químico Manuel Vicente, que moitos coñecerán polo programa na Radio Galega "EfervesCiencia", e que é o director da incitable Asociación Galega de Comunicación de Cultura Científica e Tecnolóxica (AGC CCT). Pertrechado cun gorro ruso, Vicente, en plan "Que quería yo hablarles de Mendeleiev!", intentou explicarlle ao público quen era o químico Dmitri Mendeleiev, do que chegou a contar incluso a súa vida amorosa. Moita xente quedouse, parafraseando "Amanece que no es poco", con que este home dáballe ás mulleres "unhas prestacións sexuais moi boas". 
Manuel Vicente contando lercheos sobre o famosísimo químico ruso Dmitri Mendeleiev
Por se o surrealismo non chegara bastante lonxe, na seguinte charla, a do astrónomo Borja Tosar, unha nube tóxica improvisada serviulle de telón para presentar o planeta Marte. A nube fora provocada polo Obélix travestido, do que se rumorea que queimou o seu menhir de porespán para liberarse de carga e ir flirtear coas romanas. O caso é que, como ven nas imaxes, unha morea de dioxinas amenizou a charla de Tosar, que lles quixo vender aos lirachos unha viaxe a Marte bastante movida.
Media_httpfarm9static_ftiie
A bo seguro que o suicida de "Amanece que nos poco" diría ao ver estas imaxes que "Un día vai haber un accidente".
Foi no medio da charla do astrónomo e da nube negra cando moitos entruideiros aplicaron o de "Amanece que no es poco" (yo no aguanto este sin dios) e a esplanada da lonxa liracha quedou medio baleira. Os últimos resistentes quedaron con Pío González, físico da Universidade de Vigo, que falou de biomateriais, ou do que imos levar dentro do noso corpo co paso dos anos, cando se nos creben os ósos sobre todo. Materiais moi caros, por certo, e que cada vez saen de máis fontes naturais, como árbores ou dentes de tiburón.
Media_httpfarm9static_fojbf
Pío González con Vicente de Souza falando dos ultimísimos biomateriais descubertos
O actor Miguel de Lira (ríndose, non sabemos se co Entruido ou do Punto Científico) tamén se achegou ata a esplanada da lonxa
E así rematou o Primeiro Entruido Científico de Lira.
En Matrix dicíalle Trinity a Neo: "Isto nunca se fixera". E Neo respostou: "Por iso é que vai funcionar". E cremos que funcionou, inda que, como a vida de Neo segundo o Arquitecto, sexa "o produto eventual dunha anomalía que a pesares de denodados esforzos non fomos capaces de suprimir desta harmonía de precisión matemática".

jueves, 7 de febrero de 2013

Alan Turing, el hombre que sabía demasiado

http://orbistertiusescalando.blogspot.com.es/2009/11/alan-turing-el-hombre-que-sabia.html

Todos los organismos multicelulares pasan por una etapa microbiana

Si, excepto aquellos organismos que se dividan exclusivamente por gemación o propágulos, "que haberlos haylos", TODOS pasan por una fase microbiana ya sea como gameto, como espora. Según Lynn Margulis los seres pluricelulares son solo carcasas, ecosistemas para el mantenimiento y difusión de las células sexuales, que son seres haploides (una sola copia de ADN) en contraposición de la carcasa que sería diploide (con una copia de ADN de cada progenitor). La vida sería en su totalidad microbiana: bacterias, arqueobacterias y protistas (los protozoos). Hongos, plantas y animales serían protistas recubiertos de una carcasa diploide que se encargaría de mantener a salvo a las células sexuales (protistas) y haploides.

La secuenciación masiva nos adentra en el microbioma

 Streptococcus pneumoniae, en rosa, sobre un macrófago en azul. Fotos de microscopía electrónica de barrido. El color es virtual.

La secuenciación masiva de ADN, esto es, cogemos una muestra de algo: heces, agua de lluvia, sudor de las palmas de las manos... y obtenemos todas las secuencias de ADN que se encuentran en ellas: virus, bacterias, hongos etc. Las comparamos con las ya existentes y determinamos qué secuencias pertenecen a especies de bacterias o virus que no son conocidas por la ciencia. Todos los meses están apareciendo trabajos con más y más virus y bacterias desconocidos.

Hasta hace bien poco para estudiar una bacteria había que poder cultivarla. Sirva de ejemplo lo que ocurrió con Legionella pneumophila. Esta bacteria se puede cultivar sólo gracias a que alguien añadió carbón activado a las placas que llevan agar y caldo de cultivo. No se sabía porqué pero de esa manera las bacterias crecían. Posteriormente a alguien con mucho tiempo libre se le ocurrió darle varios lavados al agar, que es lo que hace que el caldo de cultivo se convierta en gelatina sólida. El agar lavado permitía crecer a la Legionella, es decir, hay algo en el agar que inhibe el crecimiento de esta bacteria en las placas de cultivo. Los trabajos de investigación una vez que se pudo cultivar la bacteria crecieron exponencialmente: ya se podía hacer experimentos con ella.

La secuenciación masiva permite saber quienes están ahí. No permite hacer experimentos, pero si constatar la presencia o ausencia de determinadas bacterias y virus. Es un avance similar al del descubrimiento del microscopio por Van Leeuwenhoek, que permitió a la humanidad observar pequeños animalitos invisibles al ojo humano.

De esta manera, en el Laboratorio Nacional Lawrence Berkeley han descubierto que en el aire que respiramos existen hasta 1800 especies que proceden del heno del campo, fuentes termales, aguas residuales, encías humanas y de las que viven sobre la pintura deteriorada (por lo visto hay unas comunidades muy abundantes).

Se obtuvieron bacterias hasta de muestras tomadas a 36 km de altura, recordad que el Everest tiene 8 km de altura, e que incluso hay bacterias que se reproducen en las nubes. De hecho es posible que contribuyan a la formación de los copos de nieve que se originan alrededor de una pequeña partícula llamada nucleador. Esto es lo que comprobaron en la U. del Estado de Lousiana en 2008.

David Relman de la U. de Stanford en San Francisco ha visto que las bacterias de la flora normal de nuestras manos segregan una sustancia hidratante que impide que las bacterias patógenas se instalen en las "grietas" naturales de nuestra piel.

En la vagina encontramos a la bacteria Lactobacillus johnsonii, que normalmente vive en los intestinos y que nos ayuda a digerir la leche. Durante el embarazo esta bacteria crece en número en la vagina lo que ayuda a preparar al bebé para la digestión de la leche ya que el bebé que en el útero está estéril se inocula con bacterias al paso por la vagina, si es que nace de manera natural. Se ha visto que los bebés nacidos de cesarea tienen las bacterias de las enfermeras que lo ayudan a venir al mundo y lo tratan en los primeros momentos.

La secuenciación masiva está ayudando a caracterizar los ecosistemas bacterianos que viven en nuestra piel, encías, axilas, vagina, intestinos... de hecho se calcula que 9 de cada 10 células del cuerpo humano son bacterias y que pesadas en su totalidad pesarían 1.4 kg, es decir, un poco más de lo que pesa el cerebro humano.

Todo esto hace que esté cambiando la relación de las personas con las bacterias. Mi padre tenía un cassette de un humorista gallego en el coche, Farruco, que contaba un chiste de un hombre mayor que recibe la llamada de teléfono de su hijo que había emigrado a Buenos Aires, el hombre pregunta que cómo lo está llamando y el hijo contesta que está hablando a través de un micrófono. El hombre mayor grita alarmado: "Tira eso hijo mío que son lo que traen las enfermedades". Micro asociado a lo que se conocía aquel entonces que eran sólo aquellos agentes que ocasionaban las enfermedades. Hoy en día los niños están más cerca de las bacterias del Actimel y los conceptos de probiótico como un medio para mejorar su salud les resultan familiares. Están lejos, afortunadamente, para ellos aquellos momentos en que en cada familia había uno o dos niños muertos prematuros por enfermedades infantiles asociadas a bacteria. Estamos viviendo un cambio de paradigma apasionante.