jueves, 22 de octubre de 2009

Bacterias estoupando pola penicilina

Neste video podemos ver bacterias estoupando. As bacterias teñen presión coma se fosen rodas de coches, aínda máis. A presión de unha bacteria pode ser sobre 5 atmósferas no caso das bacterias chamadas Gram-negativas ou chegar as 25 atmósferas nas Gram-positivas. ¿Qué é unha atmósfera? pois é unha unidade de presión. 5 atmósferas e a presión que hai se buceas a 40 metros da superficie do mar. A maior parte dos reloxios só resisten ate 30 metros ¡E iso que están feitos de aceiro!. Por que están a tanta presión, as bacterias están rodeadas dunha malla que impide que estoupen. Cando as bacterias crecen cara a dividirse entón tense que formar nova malla. Se nese momento engadimos un antibiótico chamado penicilina, o que fai a penicilina e impedir que a malla se entrecruze e se fagan os nudos da rede, como resultado a malla queda frouxa. A bacteria o afrouxarse a malla simplemente estoupa como podedes ver no video.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Cada vez que lees un artículo y no dejas un comentario, alguien mata a un gatito en alguna parte del mundo...