
Cando era becario de investigación en Madrid se fixera un "Full monty" para protestar pola precariedade laboral. A min de aquela xa me repateaba esa imaxen "chorona" do becario. Unha das ideas que dín (ademáis de pagar a un guionista para facer unha serie de televisión chamada "Becarios" que por certo o final xa se fixo en Tele5 e se emitíu por internet) foi facer un fondo para alugar un Ferrari e facer unha performance irónica sobre a situación dos becarios. A idea era dignificar a figura laboral dando unha imaxen de "éxito social" alomenos por un día :)
A realidade supera a ficción e agora xa temos un becario "exitoso socialmente e económicamente" nos referimos a Diego Torres, o socio de Iñaki Urdangarín (Pillín Urdangarín según a revista "El Jueves")que se doctorou recentemente no ESADE. Este señor é o becario que moitas das nosas nais quixeran que fóramos nos no noso tempo (polo menos a miña). Qué diferencia ir vestido de alfaiate en vez de roupa Quechua do Decathlon. Qué cara de rapáz esperto! qué campechanía!.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Cada vez que lees un artículo y no dejas un comentario, alguien mata a un gatito en alguna parte del mundo...