Mostrando entradas con la etiqueta galego. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta galego. Mostrar todas las entradas

miércoles, 17 de mayo de 2023

Circo de bacterias

 O dezasete de maio do 1863, publicouse en Vigo a primeira edición de "Cantares gallegos", de Rosalía de Castro. Esta data marcaría o inicio do rexurdimento cultural galego.


O primeiro programa de radio en galego foi emitido na BBC de Londres en 1947. Sen embargo, a radio xa comenzara o quince de xaneiro de 1933 en Santiago de Compostela. Daquela había un programa de entretenimento "Vaites vaites" na que Xosé Mosquera Pérez, co seu personaxe "O Vello dos Contos" convirtírase en un personaxe ben popular. O meu avó, António Fernández, tiña unha talla de madeira do Vello dos Contos. Agora seu neto ten unha pequena sección na Radio Pública Galega que de cando en vez fala de microbioloxía na nosa lingua.
O Vello dos Contos. Fonte

O galego estivo prohibido dende os Reis Católicos ate o fin da dictadura do Xeneral Franco. Seino porque o vivín. Lembro as primeiras pegatinas conmemorando o 17 de maio e o fermoso que era ver o noso idioma nos libros por primeira vez, na radio, na televisión.


martes, 5 de junio de 2018

Supervirus e virus emerxentes: verlle as orellas o lobo

Como sociedade semella que non lle queremos ver as orellas ao lobo das superbacterias e os virus emerxentes.
Nesta edición efervescente o noso microbiólogo de cabeceira alértanos da barra libre de uso de antibióticos como a colistina en India e como acaba afectando á saúde global.
Desde o CIMUS da Universidade de Santiago temos o honor de conversar sobre as últimas fronteiras en vacinas con Mariano Esteban, profesor de Investigación Vinculado Ad Honorem do Centro Nacional de Biotecnología (CNB-CSIC) onde lidera o grupo de "poxvirus e vacinas" e presidente da Real Academia Nacional de Farmacia e do Instituto de España. Escoitar o audio aquí